Un total de 40 informadores turísticos visitan o Centro e Área Arqueolóxica da Caeira
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre a visita ó Centro e Área Arqueolóxica da Caeira de 40 informadores turísticos e guías oficiais dentro do programa do curso A PEGADA DO PASADO: Recursos Arqueolóxicos visitables da provincia de Pontevedra impartido por unha empresa de servizos turísticos.
A visita que terá lugar o próximo día 11 de febreiro horas constará de dúas partes. A primeira parte da visita levarase a cabo na aula de interpretación que conta con diferentes paneis explicativos, réplicas de obxectos pertencentes á Idade de Bronce así como unha réplica a tamaño natural do petroglifo Pozo Ventura.
Na mesma aula de interpretación proxectarase un vídeo informativo sobre a Idade de Bronce e os petroglifos.
A visita ó centro arqueolóxico continuará co paseo pola Área Arqueolóxica da Caeira, un espazo recuperado no que se poden contemplar algunhas das pedras máis relevantes.
Recentemente o Centro Arqueolóxico da Caeira acadou a certificación de “Itinerario Cultural do Consello de Europa” como centro de interese de arte rupestre feito que destaca a importancia de esta estación de arte rupestre.











