Un gran número de deportistas e de disciplinas serán premiados na XXVIII Gala do Deporte de Ferrol

Presentación da Gala do Deporte
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, presentaron esta mañá a XXIII Gala do Deporte Ferrolán, que se celebrará o vindeiro mércores, día 25, ás 20:30 horas no Teatro Jofre. Nesta cerimonia se entregarán arredor de 60 premios que distinguirán aos deportistas, entidades e clubs da cidade que destacaron pola súa labor en diferentes modalidades deportivas durante a pasada tempada.
Jose Manuel Rey salientou que os galardóns “recoñecen o esforzo, o tesón, a ilusión e os sacrificios cos que cada tempada se entrenan os nosos deportistas”, ao tempo que explicou que a cerimonia amosará un ano máis a ampla variedade de disciplinas deportivas que se practican en Ferrol. “Unha cidade cun forte tradición deportiva que acolle tanto deportes maioritarios: fútbol, baloncesto ou tenis… como outros que non o son tanto: halterofilia ou tiro con arco”, apuntou o primeiro edil da cidade. Neste senso, destacou os importantes clubs e deportistas cos que conta Ferrol en todas as disciplinas deportivas; e engadiu que a liña de traballo do Concello seguirá poñendo o deporte ao alcance de todos “e cantas máis modalidades se poidan practicas moito mellor”, sentenciou o alcalde.
Por ultimo, o rexedor municipal tamén resaltou os valores persoais e sociais que conleva a práctica deportiva para a xuventude: integración, tolerancia, disciplina, responsabilidade, cooperación… E, ao fío disto, Jose Manuel Rey quixo agradecer o traballo diario dos clubs e entidades deportivas ferroláns, así como a disposición das familias para que os seus fillos/as practiquen deporte.











