Un ferido de gravidade nunha saída de vía en Vigo
Unha persoa resultou ferida de gravidade tras saír o vehículo no que viaxaba da vía. En concreto, o suceso tivo lugar sobre as 14,30 horas deste domingo na parroquia de Valadares, en Vigo. Tras recibir a alerta, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 de Galicia solicitou a intervención de Protección Civil de Vigo. Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron os servizos sanitarios de urxencia, segundo precisou o CAE 112 na súa páxina web.











