publicidade hoxe

Trinta nenos de Oroso participan en dous obradoiros gratuítos de cupcakes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Obradoiro de cupcakes

Obradoiro de cupcakes

Un total de trinta nenos e nenas, de entre 4 e 13 anos, participaron en dous obradoiros reposteiros de cupcakes de Entroido organizados polo Concello de Oroso. Os pequenos participaron en dúas sesións: unha para nenos e nenas de 3 a 8 anos e outra para maiores de 9 anos, que tiveron lugar no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

Despois de hora e medio de traballo, os pequenos deron boa conta das súas creacións culinarias. Para mañá mércores 18 de febreiro está convocado un novo obradoiro, neste caso de elaboración de filloas. Terá lugar de 11:00 a 12:30 horas e está dirixido a nenos e nenas de seis anos en adiante. Inscricións no centro cultural de Sigüeiro (981 690 903).

17 de febreiro de 2015 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.