Tres membros de Podemos deixan o Consello Cidadán de Lugo por ocultismo na validación de Riobóo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+
Europa Press

Tres membros da dirección de Podemos Lugo abandonaron o Consello Cidadán por “ocultismo” na validación do secretario xeral da formación en Galicia, segundo apuntou Manuela López, exresponsable de Extensión, quen rexeitou que se vaian por motivos persoais.

Deste xeito, manifestou que o abandono está motivado polo “ocultismo” e “manipulación para favorecer” a lista do líder galego de Podemos. Así, Manuela López, que deixa este órgano de dirección, así como a responsable da área económica e da secretaria de muller e igualdade, sinalou que o “consello cidadán fórmano 17 membros e ningún pode tomar unha decisión tan arbitraria”.

“É unha decisión, entre todos, para logo expola á asemblea, que ese é o espírito de Podemos, senón seriamos o mesmo que a cúpula cando manda sobre as bases. É a base a que manda sobre a cúpula”, sentenciou.

Manuela López sinalou que foron enganados. “Mentíusenos”, afirmou sobre a validación da candidatura de Breogán Riobóo. Ademais, discrepou da versión ofrecida polo secretario xeral de Lugo, Javier Folgueira, que vinculaba a saída a motivos persoais. “Negámolo rotundamente”, sentenciou.

25 de febreiro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.