Tres firmas optan a servir os novos coches da policía local de Vilagarcía
O contrato para a renovación do parque móbil da Policía Local de Vilagarcía adxudicarase á mellor das tres ofertas que optan ao concurso. A resolución do contrato do renting realizarase en cuestión de días, posto que o concurso convocouse pola vía de urxencia. A Mesa de Contratación reunirase tan pronto chegue a última das propostas anuniciadas dentro de prazo pero que se remitiu por correo ordinario.
A compra doe tres coches patrulla para a Policía Local farase polo sistema de renting, por un período de 48 meses e o importe con contrato ascende a 129.600 euros que financiará integramente o Concello. Os vehículos deben estar adecuados ás prestacións, esixencias e medidas de seguridade que precisan para a prestación dos servizos policiais, así como para a rotulación oficial. Todas estas indicacións figuran nos pregos.
Dúas das ofertas presentadas son as correspondentes ás dúas firmas que xa concorreran á convocatoria que quedara deserta por defectos de forma. Son Banco Santander e Alphabet España Flet Management , ás que se suma á da firma de Lugo, Autos Iglesias S.L.











