publicidade hoxe

Tertulia e cea co músico Roi Casal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Roi Casal

Roi Casal

A música volve irromper nunha nova TERTULIA do IEM. Esta vez coa visita do exquisito músico e compositor Roi Casal. Fillo de Nando, “o gaiteiro” de Milladoiro, formou parte deste grupo durante 9 anos. Trala súa consagración como arpista da banda iniciou unha sonada carreira solista en 2009 que o está a levar por escenarios de medio mundo coa presentación de seus traballos discográficos. Para a presentación do acto contaremos coa grata intervención de Antón Seone, un dos fundadores de Milladoiro e habitual colaborador das nosas andainas. Será o este venres 6 de febreiro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea con Roi e mais Antón no Pazo da Escola de Mañufe (Gondomar) á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou ben no correo electrónico oficina@minhor.org . Pregamos facelo antes do vindeiro xoves pola noite.

4 de febreiro de 2015 | 22:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.