“Terras do Miñor III” realizou unha xornada formativa sobre licores e augardentes galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Xornadas sobre augardentes de Galicia

Xornadas sobre augardentes de Galicia

O Obradoiro de Emprego  “TERRAS DO MIÑOR III”, promovido por La Mancomunidad de Concellos do Val Miñor e cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo acolleu o día de hoxe a celebración unha dobre xornada formativa impartida por persoal do “Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia” e por persoal da Asociación Galega de Camareiro.

A primeira xornada foi impartida por Carmen Otero en representación do Consello Regulador. O obxectivo foi dar a coñecer aos alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais, os distintos procesos de elaboración e características das Augardentes e licores tradicionais Galegos, tamén puideron participar nunha cata guiada ampliando así os seus coñecementos no mundo dos licores.
A segunda xornada, foi impartida por Jurjo Fernández Presidente de la Asociación, quen deu a coñecer o funcionamento e as actividades, que desenvolve a devandita asociación así como as últimas tendencias no mundo da coctelería.

Coa colaboración de Adrián Villa e Guillermo González, en representación da asociación asistiron á elaboración de catro bebidas relacionados coas últimas tendencias, dous deles baseados no uso de “Augardentes Brancas Galegas”.

6 de febreiro de 2015 | 22:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.