publicidade hoxe

“Terras do Miñor III” acolleu unha xornada sobre o mexillón de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

As instalacións do Obradoiro de Emprego “TERRAS DO MIÑOR III” acolleron o día de hoxe a celebración dunhaxornada formativa sobre o MexillónGalego impartida por especialistas da Denominación de OrixeProtexida   “Mexillón de Galicia”. Nela os alumnos-traballadores do módulo de Operacións Básicas de Cociña aumentaron os seuscoñecementos sobre este exquisito manxar en materias como: características que o difefencian de produtosdoutros países, a súa producción e a normativa que a regula, etc.

Durante estas semanas, os alumnos-traballadoresrecibiron, diferentes actividades formativas que llespermitiron ampliar os seuscoñecementos sobre algunhas materias nas que son formados durante o curso. Estas accións que se desenvolven como xornadas formativas teñen o obxectivo principal de mellorar a formación dos alumnos e alumnas do Obradoiro, afondando nos seuscoñecementos e ampliando aspectos importantes para a súa experiencia, como profesionais de calidade, no sector da hostalaría.

Xornada de Portas Abertas

A Xornada de portas abertas na residencia de Tempo Libre en Patos, en relación aoObradoiro de Emprego “Terras do Miñor III”, será o día dezde Marzo do 2015 de 10:00h a 12:00h, na que diferentes empresas do sector da hostalaría mostrarán os seusprodutosaomesmo tempo que os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor III”, prepararán diferentes tapas e aperitivos.

25 de febreiro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.