Teledeporte retransmitirá o Santiago Futsal vs FC Barcelona
Esta mañá coñecéronse os partidos que Teledeporte retransmitirá no mes de Marzo e a primeira semana de Abril. Entre eles está o partidazo da 27ª Xornada de Liga no que os de Santiago reciben ao FC Barcelona o sábado 4 de Abril ás 13 h no Multiúsos Fontes do Sar.
Deste xeito, o encontro entre Santiago Futsal e FC Barcelona, que coincide coa festividade de Semana Santa, preséntase como unha ocasión inmellorable para gozar do mellor fútbol sala na cidade de Santiago.
A pista azul regresa a Santiago, malia que xa viaxou á capital galega na primeira volta ao partido que enfrontou a Santiago Futsal e Burela Pescados Rubén, aquel encontro disputouse no Pavillón Municipal de Santa Isabel. Esta será a primeira vez na tempada 14-15 que as cámaras de Teledeporte se instalen no Multiúsos Fontes do Sar no que, se prevé, será un partidazo entre un dos aspirantes á Liga e o equipo de Santiago que non desbota as súas posibilidades de entrar Play Off.











