publicidade hoxe

Sergas e Concello de San Sadurniño ofrecen un curso sobre saúde e muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

A Escola Galega de Saúde para a cidadanía impartirá o mércores 11 de marzo un curso de catro horas dirixido a mulleres no que se abordarán, entre outros temas, os cambios que se producen coa idade e os xeitos de previr enfermidades propias do colectivo feminino. É unha actividade gratuíta para a que fará falla xuntar un mínimo de 10 participantes e apuntarse previamente, ben chamando aos Servizos Sociais -981 490 027 ext.2-.

O programa formativo -que non se considera formación continua para o persoal do SERGAS- está composto por temas de grande interese para ampliar información sobre como mellorar a calidade de vida e previr enfermidades comúns entre as mulleres, sobre todo co avance da idade.

Así, a sesión fará unha introdución á menopausa e a osteoporose, á importancia das revisións xinecolóxicas e mamarias, os factores de risco, a fisiopatoloxía e tamén sobre a necesidade de levar unha alimentación equilibrada acompañada de exercicio físico como forma de gozar de boa saúde en cada momento da vida.

O curso impartirao a matrona do CHUAC Paula Sánchez Flores e celebrarase na Casa da Cultura o mércores 11 de marzo entre as 16.30 e as 20.30h. Desde os departamentos de Servizos Sociais e Igualdade animan a todas as mulleres -teñan a idade que teñan- a que se inscriban nesta actividade condicionada a que haxa un mínimo de 10 persoas apuntadas para que se celebre.

23 de febreiro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.