Semana de adestramentos do Obradoiro coa Asociación Española de Adestradores de Baloncesto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro recibe durante esta semana nos seus adestramentos diarios unha visita moi especial ás bancadas do Fontes do Sar. Unha ducia de adestradores pertencentes á Asociación Española de Adestradores de Baloncesto (AEBB) acudirán ata o venres como espectadores ao traballo diario do equipo.

A actividade, que se vén realizando dende hai dez anos, permite aos técnicos ver como traballan nas súas sesións os corpos técnicos da Liga Endesa, nesta ocasión, o santiagués, con Moncho Fernández á cabeza.

Ao rematar os adestramentos, os asistentes teñen a oportunidade cada día de aclarar as súas dúbidas sobre a sesión co propio Fernández, así como cos adestradores axudantes Gonzalo Rodríguez e Víctor Pérez.

3 de febreiro de 2015 | 21:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.