Segunda eliminatoria das Murgas en Pontevedra
A programación do Entroido do mércores recolle a segunda eliminatoria das Murgas.
Programa
Martes, 17 de febreiro
• De 10.00 a 20.00 horas. Primeiro Campamento Urbán “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670.
• 16.30 horas. Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra.
• 17.00 horas. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ
• 22.00 horas. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Participación das agrupacións: Asociación Combrus e Troula, e as comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Cientolos, Os Paparrulos, Amoriños de Bora, Val do Lérez, Clave de Sol, Vamos a Todo.
Mércores, 18 de febreiro
• 17.00 horas. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”
• 18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía.
• 19.00 horas. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Foula
• 21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXIV Concurso de Murgas











