Santiago Futsal sitúase décimo e suma catro xornadas invicto
O empate en Valencia ante Levante UD DM do pasado venres (6-6) serviu ao equipo branco para asentarse na 10ª posición da táboa, igualado a puntos co 9º clasificado, Marfil Santa Colomba, con 27 puntos.
O encontro da pasada xornada, que os de Santiago dominaron ata os segundos finais, nos que o conxunto valenciano conseguiu o empate; significou o cuarto encontro consecutivo dos galegos puntuando. Tras o empate ante Prone Lugo (4-4), as vitorias fronte a Uruguai Tenerife (1-3) e Xaén Paraíso Interior (2-1) e o recente empate ante Levante UD DM (6-6), o Santiago Futsal encadea o mellor refacho de resultados da presente tempada.
Esta semana intentarán prolongar o refacho positivo de resultados, no seu segundo partido consecutivo fóra de casa, visitando a Aspil Vidal Ribera Navarra, 5º clasificado da Liga. Os de Santiago disputarán o encontro da 24ª xornada o sábado ás 18.30 h no Pavillón Cidade de Tudela.
Plan de traballo semanal
Luns 23 de Febreiro:
9.30 h- Multiúsos- F. Resistencia + Resist. Veloc. + Porteiros
16.45 h- Multiúsos- Táctico
Martes 24 de Febreiro:
17 h- Multiúsos- Táctico
Mércores 25 de Febreiro:
9.30 h- Multiúsos- Veloc. Desplazam. + Porteiros + TÁCTICO
17 h- Táctico
Xoves 26 de Febreiro
17 h- Táctico
Venres 27 de Febreiro
9.30 h- Táctico
12 h- Saída con dirección Tudela (Navarra)
Sábado 28 de Febreiro
18.30 h- Partido da 24ª Xornada
Aspil Vidal Ribera Navarra vs Santiago Futsal











