Santi Rodríguez presenta no ciclo Falabaratos “Como en la casa de uno… en ningún sitio”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+

cartel-como-en-la-casa-de-unoSanti Rodríguez, o froiteiro de 7 vidas, volve a Galicia para estrear o seu novo monólogo, Como en la casa de uno…en ningún sitio. Unha visión sobre o turismo, viaxar ao estranxeiro e o ben que se está en casa. E é que Santi teno claro, Como na casa dun…en ningún sitio. Será este xoves 26 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Di Santi Rodríguez sobre o seu espectáculo: “O estranxeiro é moi bonito pero está lonxe e falan moi raro. Eu sempre o dixen: como na casa dun…en ningún sitio. De todos os xeitos hai que viaxar sempre que poidas.

Coñecer xente de todos os sitios, está ben. A maioría é xente moi simpática, aínda que como non sabes o que falan o mesmo están a sorrirche mentres che din que nos van a cobrar o dobre porque ser guiri. O curioso de saír fóra é que te convertes en guiri sen darte conta e os guiris deixan de selo porque son de alí, de onde ti estás…Que non te decatas? Vén a oírme e explícocho todo paseniño…”.

As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de 18:00 a 21:00 horas, en entradas.abanca.com e no 902 434 443. O prezo é de 15 euros xeral e 10 euros anfiteatro en anticipada e 17 euros xeral e 12 euros no anfiteatro se se mercan as entradas o mesmo día do evento.

25 de febreiro de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.