publicidade hoxe

San Sadurniño e Biela e Chaveta asinan un convenio para continuar fomentando o ciclismo no municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

O presidente do club MTB Biela e Chaveta, Sergio Collado, e o alcalde rubricaron este luns o convenio mediante o que esta entidade e o Concello se compromenten a colaborar durante 2015 na organización de distintas actividades encamiñadas a promocionar o ciclismo local. O importe do acordo ascende a 1.000 euros, destinados a programar -como mínimo- a marcha cicloturista que se celebra en xullo e unha ruta BTT no mes de agosto, cadrando coa Feira Rural.

Porén, o convenio tamén establece “un marco permanente de colaboración” entre o Concello e o clube no que dunha banda o ente municipal contribúe “a afianzar o desenvolvemento dunha actividade con proxección de futuro” e da outra Biela e Chaveta “ofrece a súa experiencia e capacidade organizativa en toda actividade relativa á práctica desta actividade”. 

Unha experiencia e capacidade que quedaron demostradas no último grande evento organizado polo clube, a I Ruta BTT Concello de San Sadurniño, na que participaron 116 ciclistas percorrendo 45 quilómetros do noso territorio e ao que Biela e Chaveta destinou un dispositivo humano de máis de medio cento de persoas.

O acordo suscrito co Concello -que durará ata decembro- leva aparellado o compromiso do clube de colaborar co departamento de Deportes prestándolle apoio técnico en calquera outro evento que se decida levar adiante en relación co mundo da bicicleta.

25 de febreiro de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.