publicidade hoxe

Rogelio Martínez supervisa as obras de mellora da Rúa Jacinto Santiago en Vilardevós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseVilardevós
A-
A+
Rogelio Martínez na visita ás obras de Vilardevós

Rogelio Martínez na visita ás obras de Vilardevós

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar en Vilardevós as obras de mellora na rúa Jacinto Santiago, un eixo de comunicación fundamental para este municipio ourensán. Segundo sinalou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, quen supervisou a actuación acompañado do alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, esta intervención certifica o compromiso do Goberno galego coa mellora das infraestruturas viarias.

Este proxecto realízase ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería dirixida por Ethel Vázquez co concello da localidadeEste proxecto conta cun investimento de preto de 256.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achega practicamente a totalidade, 235.398 euros, é dicir, o 92%, e o importe restante será aportado polo concello.

O obxecto destas actuacións é o arranxo da rúa Jacinto Santiago, a principal conexión entre as estradas Verín-Soutochao e Vilardevós-Riós, situándose no casco histórico de Vilardevós. Ademais esta rúa, cuxo deseño ten unha antigüidade superior aos 100 anos, posúe un marcado carácter comercial, fundamentalmente de servizos de hostalería e comercio.

Segundo explicou o delegado territorial, aos pavimentos existentes, realizados en distintas épocas, faltábanlles as definicións nas pendentes lonxitudinais e transversais, que permitan o drenaxe superficial, ocasionando acumulacións de augas en días chuviosos. A actuación comprende as obras necesarias de demolición das unidades existentes en mal estado de conservación e a súa posterior construción.

A rúa está integrada no casco histórico da vila, polo que se colocará pavimentos de granito, similares aos existentes no contorno. Por outra parte, debido á irregular distancia entre as dúas frontes de edificación, proxéctanse unhas beirarrúas de anchura variable, segundo o permitan as fachadas das edificacións.

3 de febreiro de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.