Rocío Llovo convoca o segundo consello escolar municipal en 15 días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Consello Escolar Municipal reunirase dúas veces en tan só quince días. Como na sesión da semana pasada só se puido contar coa asistencia dun terzo dos membros, a concelleira de Educación e presidenta do Consello, Rocío Llovo decidiu convocar outra reunión o 4 de marzo para favorecer a toma de decisións coa maior representatividade posible, dado a importancia dos temas a tratar, entre eles a creación das comisións de traballo.

O Consello Escolar Municipal componse de 30 membros. Está presidido pola concelleira de Educación e asísteo como secretario un funcionario do Concello. A maiores hai 10 membros designados polo Pleno entre os docentes e directores dos centros escolares do municipio, hai 4 alumnos en representación de cada un dos institutos, 10 representantes dos sindicatos de ensino e un representante da Consellería de educación.

Por diversas causas, á reunión do xoves pasado só puideron asistir 10 dos 30 membros, polo que a concelleira decidiu pospoñer a creación das comisión de traballo a unha sesión posterior con maior asistencia.

Os asuntos que se abordarán o 4 de marzo serán os informes das actuacións e obras realizadas pola Concellería nos centros educativo do municipio nos dous últimos anos, e outras actividades organizadas pola área que dirixe Rocío Llovo. Tamén se constituirán as comisións encargadas de traballar en diversos asuntos para a mellora de todo tipo de aspectos do ámbito educativo.

26 de febreiro de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.