Rey Varela visita o avance das obras do centro cívico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Rey Varela na visita ás obras

Rey Varela na visita ás obras

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as obras do Centro Cívico, para Persoas Maiores e a Infancia de Canido, emprazado nunha parcela situada na rúa Poeta Pérez Parallé. O primeiro edil da cidade estivo acompañado polo concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Contratación, Guillermo Evia Pérez; a edil de barrio, Verónica Casal Míguez; así como de responsables da empresa COPASA, firma adxudicataria do proxecto.

Jose Manuel Rey sinalou que se está a traballar nun plan de usos para que o centro responda a todas as necesidades do barrio. Entre outros usos, habéra espazos dirixidos á infancia, dentro do compromiso asumido polo Goberno Municipal de ter entre un dos seus principais eixos de acción o fomento da conciliación da vida familiar, laboral e social das personas. Así mesmo, o primeiro edil da cidade avanzou a colaboración coa asociación de veciños de Canido para a integración da sede veciñal nesta infraestrutura. O alcalde ferrolán tamén destacou o avance dos traballos que permitirá a reducción do prazo de execución das obras, coa ambición de que en primavera o novo Centro Cívico e de Atención Persoas Maiores e á Infancia de Canido estea a disposición de todos os veciños e veciñas. O prazo de execución das obras estaba previsto para 12 meses e o importe das mesmas ascende de 930.000 euros, con cargo ao Plan Urban.

O Centro Cívico e de Atención Persoas Maiores e á Infancia de Canido ocupará unha superficie total construída de 1.160,15 metros cadrados e disporá de dúas grandes zonas: unha para maiores e outra infantil. Así mesmo, haberá diferentes estancias comunes como salas, talleres de memoria, aulas de lectura ou unha cafetería. Tamén estará dotado dun patio interior de preto de 300 metros cadrados que estará protexido do vento e o exterior, o que facilita a realización de actividades de aire libre neste espazo. Segundo explicaron os responsables da adxudicataria o edificio está construído seguindo uns parámetros de consumo enerxético case nulos, o que supón un adianto á normativa europea que será de obrigatorio cumprimento en 2018. Outra das características deste equipamento é a preseza de lucernarios en prácticamente tódalas estancias para conseguir un maior proveito da luz natural do exterior.

17 de febreiro de 2015 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.