Rey Varela súmase á celebración do Entroido cos usuarios dos comedores sénior

Rey Varela visita aos usuarios do comedor sénior
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, desexou un feliz entroido aos usuarios da rede municipal de Comedores Sénior -San pablo-Cataboios, Esteiro, Ensanche A e Caranza- que este mediodía degustaron un menú típico de Entroido nas instalacións do Comedor Sénior de Caranza. Ao redor de medio centenar de persoas xuntáronse para celebrar esta comida de Entroido.
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol habilitou un autobús que percorreu os diferentes comedores senior da cidade para que todas as persoas usuarias deste servizo que así o desexaron poideran acudir a este festexo, en que se serviu empanada, sopa de cocido, cocido galego e orellas. Ademais, o encontro estivo amenizado pola comparsa “Os Colludos”. Esta agrupación é a primeira en Galicia composta na súa maioría por persoas con algún tipo de diversidade funcional. Os maioires degustarán, ademais, un menú típico destes festextos que estará composto por; empanada, sopa de cocido; cocido galego; e orellas.
Esta rede de comedores senior pretende potenciar un envellecemento saudable mediante unha alimentación adecuada, así como procurar un espazo relacional, de vínculos de amizade e relacional coas persoas maiores.











