Rey Varela entrega os diplomas de calidade turística a dezanove empresas e profesionais da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e a concelleira de Turismo do Concello de Ferrol, María del Carmen García Fraga, entregaron esta mañá os diplomas de calidade turística a dezanove empresas e profesionais de Ferrol que participaron no proxecto SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos), impulsado por Turespaña e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Ademais deste selo de calidade turística, o primeiro edil da cidade fixo entrega das placas co distintivo que as institucións e empresarios poderán lucir nos seus negocios, establecementos e servizos.

Na súa intervención, Rey Varela felicitou ás empresas, emprendedores e organismos que recibiron cadanseu certificado de calidade turística. O rexedor municipal lembrou que o Concello de Ferrol uniuse no ano 2012 ao que é o maior proxecto de calidade turística de España, o denominado Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED). Neste senso, sinalou a aposta da Administración ferrolán “por un turismo de calidade” e considerou fundamental o apoio da cidadanía “neste sector de desenvolvemento económico para Ferrol e comarca”. Así mesmo, Jose Manuel Rey recalcou o incremento da actividade turística da cidade e a súa consolidación como referente en Galicia e España durante os últimos tres anos, referíndose a Ruta da Construción Naval, a Semana Santa e As Pepitas, así como a consolidación do porto de Ferrol como destino de cruceros coa chegada de 40.000 pasaxeros en 2014. O primeiro edil manifestou así mesmo, que “estamos coidando as nosas tradicións, apostando polas Pepitas e a Semana Santa, que o ano pasado, a primeira que se celebrou co recoñecemento de evento de Interese Turístico Internacional congregou na nosa cidade a máis de 200.000 persoas”.

Empresas distinguidas

Pola súa banda, a concelleira de Turismo explicou que un total de 30 empresas e organismos ferroláns contan con este selo de calidade na actualidade e que “este ano esperamos incorporar en marzo novas empresas ao SICTED”. Ao fío disto, García Fraga animou aos empresarios ferroláns do sector turístico ou outros sectores que teñan entre os seus clientes un alto porcentaxe de turistas “que aproveiten esta magnífica oportunidade que lles brinda o Concello de Ferrol para implantar a custe cero para eles, un sistema de calidade recoñecido en toda España por milleiros de usuarios”.

As empresas e profesionais distinguidos no acto de hoxe foron:

– Autoridade Portuaria de Ferrol.

– Autocares Autos Camilo.

– Cafetería Boss Ferrol.

– Centro BTT-Valle de Esmelle (turismo activo).

– Centro Sociocultural A Fundación.

– Comercio El Rápido.

– Comercio La Espuma.

– Escola de Surf Ferrol Surf School.

– Museo Exponav.

– Hotel Carrís Almirante.

– Restaurante Illas Gabeiras.

– Lolotaxicab.

– Restaurante O Bacoriño.

– Occidente Deseño e Comunicación.

– Parador de Turismo de Ferrol.

– Restaurante O Parrulo.

– Restaurante Taberna do Cantón.

– Comercio Tuhobby.

– Viajes Paco.

24 de febreiro de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.