Resultados dos partidos base do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal B visitou ao 5 Coruña FS no encontro da 16ª Xornada da Terceira División. Comezou o encontro cun gol de estratexia por parte do equipo visitante apenas transcorridos dous minutos dende o asubío inicial. A partir do 1-0 o encontro entrou nunha dinámica de intensidade por parte dos dous conxuntos, pero a acumulación de faltas por parte do Santiago Futsal posibilitou tirar dous tiros de 10 metros que detería o meta visitante Sergio. Co resultado favorable aos de Santiago chegaríase ao descanso.

A segunda parte foi de claro dominio visitante que conseguiría tres goles máis, obra de Dani (2) e Julio, polo que o encontro concluiría co resultado de 0-4 favorable ao filial Santiago Futsal B que se mantén na zona alta da táboa.

O equipo xuvenil de División de Honra impúxose ao Noia FS por 1-4 no encontro disputado na mañá do domingo no pavillón noiés.

Na liga sénior feminina, Santiago Futsal A Gaiola A impúxose a Meigas por 2-5 nun encontro no que lograron distanciarse 1-4 ao descanso con catro goles nos primeiros minutos do partido. Na segunda parte, o conxunto branco mantivo o ritmo e a intensidade para pechar o marcador co quinto e definitivo tanto e levarse a vitoria.

Pola súa banda, o Santiago Futsal A Gaiola B caeu ante Rodiño (0-5). Malia as baixas do Santiago Futsal, as xogadoras mantiveron o nivel en todo o partido. Co marcador en contra, as locais xeraron ocasións de perigo coas que puideron reducir distancias no marcador, aínda que sen sorte.

9 de febreiro de 2015 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.