Prone Lugo prepárase para enfrontarse ao Aspil Vidal Ribera Navarra
Esta tarde celebrouse a roda de prensa previa ao partido que este sábado (18:00 horas- Pavillón Municipal) enfrontará ao Prone Lugo ante o Aspil Vidal Ribera Navarra, nela interviñeron o técnico Manolo Vázquez e o xogador Diego Fente.
Declaracións:
Diego Fente: “Levo dous meses e noto que vou mellorando día a día, grazas á confianza que me dá o mister. O partido ante o Ribeira Navarra será un partido complicado, xa que eles están loitando por estar entre os oito primeiros, pero si competimos como nos partidos anteriores teremos opcións de puntuar. A clave está en competir e non cometer erros. O noso obxectivo é pelexar por manternos, aínda que está complicado.”
Manolo Vázquez: “Rubén será baixa, o resto estarán todos, polo que haberá algún descarte. Estamos nunha boa dinámica de traballo, hai xogadores que están conseguindo o nivel que queremos, Antonio e Nacho Pedraza están tendo unha boa progresión, pero teñen que dar máis. Axuda o traballar, canto máis traballemos máis sorte teremos. Estamos facendo un traballo importante de face ao futuro, queremos ter claro este mes quen se van a quedar e quen non, a miña aposta vai ser quedarnos con todos os que están agora mesmo. Eles coñécenme, hai momentos para traballar e momentos para gozar. Os oito ou nove que máis xogan están nunha media de 15-20 minutos, e iso hai que gañalo. O feito de estar aí abaixo non inflúe no día a día nin na posta en escena que é o partido. A idea esta semana é saír a competir para gañar en casa, aínda que en fronte teremos un ran rival que está moi ben traballado por Pato. O noso traballo ten que darnos suficiente bagaxe para superar ao rival”











