Prezos populares para o partido do Celta ante o Elche
As entradas para o Celta-Elche de Primera División (luns 2 de marzo, 20:45h, Balaídos) xa están á venda. O encontro, correspondente á xornada 25, será emocionante e intenso fronte a un rival ante o que os celestes lograron unha agónica vitoria sobre a bucina no partido da primeira volta.
O club determinou uns prezos atractivos para esta xornada: 40 euros para a bancada de Tribuna e de 15 euros para Gol e Marcador, 10 euros no caso dos afeccionados sub-25. Estas tres son as únicas bancadas con dispoñibilidade de aforamento tras iniciarse as obras de remodelación do estadio en Preferencia ter procedido ao traslado de subscritores a Río Alto e Río Baixo.
O Real Club Celta anima todos os subscritores e afeccionados a acudir ao estadio para apoiar os xogadores e empurralos cara a un triunfo que permita prolongar a boa serie de resultados das últimas semanas, na que a extraordinaria comuñón entre celtismo e equipo foi fundamental.
As entradas para este choque poden adquirirse na oficina de subscritores ata o venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, o sábado no mesmo horario nos despachos do estadio ou o luns de 10 a 14 e de 17 a 20:45 horas, tamén nos despachos de Balaídos. Ademais o despacho online está operativo as 24 horas do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta











