Preséntase o prego de contratación para a empresa de axuda a domicilio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño remitiu xa aos dous grupos con representación municipal, e ao sindicato CIG, o prego polo que se rexerá a contratación da nova empresa de axuda a domicilio. A ruta que seguirá este prego será a seguinte: Unha vez sexa revisada por todas as partes, convocouse aos grupos municipais para unha comisión informativa este xoves, 26 de febreiro, para posteriormente, a seguinte semana, elevalo ao pleno e aprobalo, cos matices que se poidan achegar na citada comisión informativa. Unha vez aprobado empezaríase a contar o tempo establecido para recibir as propostas e proceder á contratación da que máis se axuste aos solicitado.

Entre os puntos destacables deste novo prego de contratación está a valoración dos candidatos, xa que se primará máis o servizo, a atención e a cobertura que ofrezan, que o prezo deste. Tamén destacar que se creará un comité de expertos para controlar en todo momento o funcionamento do servizo (comité formado por un representante da concellaría de Benestar Social, un representante da Deputación, e un traballador social escollido polo colexio profesional).

Outro dos puntos novidosos deste prego radica na proximidade dunha oficina da empresa. É dicir, a empresa que queira acceder a este servizo, terá que ter un centro ou oficina a menos de 5 kilóimetros da propia vila carballiñesa. Ademais a citada empresa comprométese a crear unha bolsa de emprego, para suplir posibles baixas dos traballadores durante o período no que este vixente o contrato. Sobre os traballadores, especifícase no prego de contratación que a empresa á que se adxudique este servizo deberá subrogar os contratos dos actuais traballadores deste.

24 de febreiro de 2015 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.