publicidade hoxe

Portos de Galicia inicia a contratación do proxecto construtivo para a instalación en Fisterra dun dique de abrigo flotante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraLocal Portada
A-
A+
Reunión do presidente de Portos de Galicia e o alcalde de Fisterra

Reunión do presidente de Portos de Galicia e o alcalde de Fisterra

Portos de Galicia iniciará nos vindeiros días a contratación dun dique flotante para mellorar o abrigo no peirao de Fisterra. O presidente do ente público consensuou esta mañá a proposta técnica co alcalde do municipio e o Patrón Maior da confraría. Esta proposta é o resultado dos estudios técnicos e o traballo coordinado co sector profesional e os representantes municipais nos meses previos para dar resposta precisa ás súas necesidades.

Portos de Galicia asumiu a necesidade prantexada pola confraría de aumentar e mellorar as condicións de abrigo do peirao e para elo elaborou un estudio de posibilidades técnicas que recollese as peticións actuais e as potenciais necesidades dos usuarios do porto. En primeiro lugar realizouse un estudio de axitación, que permitise plantexar alternativas de resposta. Neste estudio analizaronse os problemas de axitación producidos polos ondaxes de mar de fondo, de vento e os fenomenos de ondas longas e concluíuse que o principal problema de axitación deriva do mar de vento e o fenómeno das ondas longas.

Segundo os informes técnicos de Portos de Galicia, fronte ao problema do mar de vento, as alternativas de diques fixos de escolleira poderían empeorar a situación actual, polo que se plantexa como solución a instalación dun dique flotante, que suporía a actuación medioambiental con menores efectos sobre o entorno e garantiza efectividade, como se está a demostrar noutros puntos de Galicia onde xa están instalados.

Neste punto, Portos de Galicia prantexou á Confraría e o Concello a instalación dun dique flotante duns 96 metros de lonxitude que protexa do mar de fondo e poida servir para dotar de mellor abrigo e así poder ordenar a dársena, así como valorar a posibilidade de atraque en determinadas situaciuóns. Tras recibir o apoio do sector e os representantes municipais, Portos comprometeuse a iniciar de xeito inminente o proceso de contratación da redacción do proxecto constructivo.

Finalmente, na reunión, Durán Hermida informou tamén á confraría de Fisterra da próxima instalación dun surtidor de combustible bonificado por parte da empresa Repsol no porto de Fisterra. O ente público mediou para trasladar á empresa a necesidade existente no peirao e prevé que o surtidor quede instalado neste ano.
 

18 de febreiro de 2015 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.