publicidade hoxe

Ponte Caldelas aplicará unha bonificación no IBI ás familias numerosas da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas aplicará unha bonificación do 20% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás familias numerosas do municipio. Perfecto Rodríguez, alcalde de Ponte Caldelas, enmarca esta iniciativa dentro das medidas postas en marcha para mitigar os efectos da crise na economía familiar.

As familias que teñen dereito a esta bonificación deberán de cumprir os seguintes requisitos: ser titulares dunha única vivenda, estar en posesión do Título de Familia Numerosa e figurar empadroados no municipio de Ponte Caldelas.

Para beneficiarse desta redución do 20% no IBI á familias numerosas deberán realizar a correspondente solicitude nas oficinas do Concello achegando fotocopia do documento acreditativo da titularidade do inmoble, certificado de familia numerosa, certificado do padrón municipal e declaración de cumprir os requisitos previstos para facerse acreditativo deste desconto.

A bonificación realizarase por un total de 2 anos e aplicarase a partir do exercicio seguinte ao que se solicita a devandita bonificación. Cada dous anos terán que renovarse, mentres se sigan cumprindo os requisitos.

Perfecto Rodríguez insta as familias numerosas do municipio a solicitar esta bonificación por tratarse dun procedemento moi sinxelo de solicitar así como que supoñerá un importante aforro para as economías domésticas. Así mesmo quere recordar que o Concello de Ponte Caldelas, a través do órgano encargado da recadación (ORAL) vén ofrecendo facilidades de pagamento a aplicar nas diferentes taxas municipais mediante procedementos como o fraccionamento do montante total destas (IBI, vehículos e recollida de lixos) nunha cota mensual fixa. Para acollerse a estes beneficios ou outros a oficina recadadora atende na casa consistorial todos os venres en horario de 9 a 13:30 horas.

4 de febreiro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.