Péchase ao tráfico un tramo da rúa Sánchez de Arteaga por risco de desprendimento dun talude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense pechou ao tráfico desde esta mañá un tramo da rúa Sánchez de Arteaga, duns 150 metros de lonxitude, comprendido entre a confluencia coa rúa río Arnoia e a rúa Irmáns Casas, despois de que se detectara un risco de desprendimento nun talude, titulariedade do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias ADIF, ubicado nas proximidades (entre Sánchez de Arteaga e río Arnoia).

En prevención de posibles riscos, o Concello interrumpiu tamén a execución das obras de extensión dunha nova capa de aglomerado que estaba a realizar na rúa Sánchez Arteaga, que se reanudarán unha vez se acometan as medidas de reforzamento do talude que resultan precisas.

13 de febreiro de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.