“Pániko en las calles” estrea videoclip con escenario galego
“Pániko en las calles”, artista de hip hop (Vigo), presenta o videoclip “Sueñs” como un segundo adianto do seu novo álbum “Quimioterapia”. O escenario marabilloso non é outro que a nosa propia terra Galega, onde se enxalzan lugares moi singulares tanto da costa lucense e coruñesa (Viveiro, San Ciprián, Xove, ría do Barqueiro, Loiba) como do interior, nun bosque de Aldán (Pontevedra).
O vídeoclip foi realizado polo grupo audiovisual TentáculoFilms. O director é Andrés Montenegro e a directora de fotografía Belén Mendaña, ambos os dous tamén montadores. The Returners produce a canción e colabora a cantante Mariah. Estreouse onte, (1 de febreiro) en internet e pode verse en https://www.youtube.com/watch?v=Ep36WNaFN8U











