publicidade hoxe

Pablo Rivas gaña a primera regata clasificatoria de Radiocontrol Clase 1 Metro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

O sábado celebrouse a primeira regata clasificatoría do ano 2015 de Vela Radiocontrol Clase1 Metro en Cabo de Cruz, organizada pola Secretaría Rexional da Clase, a Federación Galega de Vela e o Club Náutico Boiro.

As condicións do campo de regatas, que por outra parte é idóneo para esta Clase, foron moi difíciles debido aos continuos cambios de intensidade do vento, que provocou moitas dúbidas a todos os participantes á hora de elixir o aparello idóneo para as súas embarcacións. Pola contra, aínda que con moitos roles producidos pola intensidade do vento, a dirección foi constante do NORDÉS.

Aínda que con algunhas ausencias de regatistas habituais desta clase, se pode dicir que para ser a primeira proba clasificatoria do ano, a participación foi alta. Contouse coa presenza da maioría de clubs galegos e coa presenza de participantes novos en esta clase, o que indica unha longa vida á vela radiocontrol en Galicia.

Cun grande ambiente durante toda a xornada, puidéronse realizar 16 mangas, en xornada de mañá e tarde. Destacar a actuación de Pablo Rivas que foi o grande dominador da xornada, aínda que sempre premido por Juan Ameneiro, que ata a ultima proba non perdeu as esperanzas de vitoria. Por detrás destes dous participantes se creo un grupo bastante numeroso para optar a posto de podio, entro os que destacan Francisco Puga (3), Carlos Lago (4), Alejandro Pérez (5) e Francisco Carballo (6).

No grupo dos participantes con menos de tres anos na Clase, destacou a actuación de José M. Enriquez, Juan Carlos Vazquez e Juan Somoza. A xornada que transcurrio baixo un grande ambiente de cordialidade e compañeirismo, rematou ás 18:00 horas coa entrega de premios aos primeiros clasificados.

10 de febreiro de 2015 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.