Os servizos médicos do Celta incorporan unha nova máquina de última xeración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

Os servizos médicos do Real Club Celta dan un novo paso adiante na mellora dos seus medios para o tratamento e a prevención de lesións coa adquisición dunha nova máquina de última xeración subministrada pola prestixiosa firma Capenergy. Trátase dunha máquina de tecarterapia que xa está nas instalacións deportivas da Madroa a disposición dos integrantes dos servizos médicos celestes.

Segundo explicou o xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, a tecarterapia de segunda rexeneración Capenergy, permite activar a osixenación natural dos grupos musculares reducindo os danos posteriores ao sobreesforzo deportivo.

Indicou que con esta nova tecnoloxía a rexeneración dos tecidos se consegue en espazos de tempo máis curtos e subliñou que axuda a drenar o ácido láctico e a reducir os radicais libres liberados tras a competición e os adestramentos diarios.

Os servizos médicos do club continúan deste xeito á vangarda das novas tecnoloxías poñendo a disposición dos xogadores celestes as máis modernas e innovadoras ferramentas para a prevención e recuperación de lesións, un dos sinais de identidade deste importante departamento do Real Club Celta.

17 de febreiro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.