Os Museos Científicos celebran unha xornada de portas abertas o Martes de Carnaval
A Concellería de Cultura informa de que o próximo 17 de febreiro, Martes de Carnaval, celébrase unha xornada de portas abertas nos Museos Científicos Coruñeses, polo que a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuita para todos os visitantes. A celebración da xornada de portas abertas con motivo desta festividad local ofrece aos cidadáns unha ocasión para gozar coas exposicións e actividades dos tres centros, así como coñecer as súas novidades máis recentes.
Na Domus proxectarase ás 12.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas a nova película 3D Titanes de la Edad de Hielo, que transporta aos espectadores ás fermosas paisaxes xeadas do hemisferio norte de fai 20.000 anos, unha era que cobra vida da man dos tigres dentes de sabre, os mamuts, os perezosos e os seres humanos prehistóricos, que loitaron por sobrevivir nun ambiente inhóspito, rodeados de maxestuosas bestas.
Na Casa das Ciencias, a programación do Planetario inclúe tanto sesións infantís -ás 12.00 horas, A noite do vampiro, e ás 17.00 horas, A nena que sabía camiñar ao revés- como outras para os maiores, Explorando o Sistema Solar, novidade na carteleira que se proxecta ás 13.00 e 18.00 horas. Tamén é novidade neste centro a exposición O ceo paso a paso, formada por estafe-lapses que dan unha visión sorprendente do firmamento.
No Aquarium, o público poderá descubrir o recentemente renovado tanque de gran volume da sala Maremagnum que presenta unha ponte de barco mergullado e no que viven sardiñas, centolas, langostas, peóns, anémonas e moitas outras especies ao acubillo deste singular pecio.











