publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os maiores de Friol camiñan coas TIC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLugo
A-
A+

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, manterá hoxe en Friol, na antiga escola de Narla, un encontro con veciños deste municipio que participan este xoves en Camiña coas TIC, o novo programa gratuíto que puxo en marcha a Deputación, a través da Fundación TIC, dirixido a maiores de 55 anos de toda a provincia, que fomenta o uso das novas tecnoloxías como ferramenta para motivar a realización de exercicio físico. O encontro de Álvaro Santos cos veciños terá lugar ás 16.00 horas.

En Camiña coas TIC os participantes usan aplicacións en dispositivos táctiles, como o compás, o podómetro, o cardiógrafo, un contador de calorías, un recordatorio de beber auga, un botón de alerta e un buscador de rutas. Tamén se empregan dispositivos cuantificadores para entender o seu funcionamento e os beneficios que aporta o propoñernos novos retos a cumprir cada día.

Camiña coas TIC chega esta tarde a Friol logo de estar no Valadouro. Mañá venres, 20 de febreiro, ás 16:00 horas desenvolverase en Becerreá. Continuará o luns 23, ás 11:00 horas en Vilalba, e as 17:00 en Guitiriz; o martes 24 no Incio ás 10:30 horas; o mércores 25, ás 16:00 en Chantada; e finalizará o xoves 26 en Lugo, ás 11:00. Ese mesmo día terá lugar pola tarde un acto conxunto coa entrega de diplomas.

Cada obradoiro conta coa participación dun mínimo de 10 persoas maiores de cada zona, que serán guiadas por dous monitores. Toda a información relativa a Camiña coas TIC, así como as inscricións, está na páxina www.fundaciontic.org Esta programación enmárcanse no conxunto de actividades do Centro de Innovación Social Inlugo en impulso do benestar social, financiadas nun 80% con fondos da Unión Europea a través do plan Innova-TE2.

19 de febreiro de 2015 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.