publicidade hoxe

Os maiores de Burela e da Fonsagrada descobren as Tics

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaBurelaLugo
A-
A+

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, mantiveron este martes en Burela un encontro cos participantes en Engurras Tic. Trátase dun dos programas gratuítos que a Deputación ofrece a maiores de 55 anos de toda a provincia co obxectivo de fomentar o envellecemento activo a través do emprego das novas tecnoloxías. Os interesados en participar poden inscribirse a través da páxina http://engurrastic.fundaciontic.org.

Os participantes en Engurras TIC en Burela fixeron fotografías e editáronas con dispositivos tecnolóxicos como smartphones, tablets e ordenadores portátiles. Ademais, compartíronas en redes sociais como Instagram. Agora, as imaxes exporanse no local onde se impartíu o obradoiro, concretamente, no Centro de Formación Ocupacional. As mellores fotos entrarán a formar parte dun concurso, que se resolverá o 27 de febreiro.

A Fonsagrada

Hoxe, ás 18:00 horas, a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queijo, manterán un encontro con maiores da Residencia Burón, que participarán en Memoria Dixital Tic-Tac, outros dos programas gratuítos sobre as novas tecnoloxías que ofrece a Deputación a lucenses de máis de 55 anos. Consta de 9 talleres, que se desenvolverán ata o 28 de febreiro en todas as comarcas da provincia. Está aberto a asociacións e centros de maiores de todos os Concellos, agás o da capital. Os interesados poden apuntarse no 982 254 666.

Na Fonsagrada, os participantes en Memoria Dixital Tic-Tac farán un rexistro audiovisual da memoria a través de pequenos relatos e anécdotas. Serán entrevistadores ou cámaras, e enviarán o material a través da Internet. Este publicarase, ademais, nunha páxina web para que todo o mundo teña acceso ás historias e recordos de toda unha xeración.

Fondos europeos

Engurras Tic e Memoria Dixital Tic-Tac enmárcanse na programación de actividades para maiores que impulsa a Deputación a través do Centro de Innovación Social Inlugo, financiada nun 80% pola Unión Europea, posto que se inclúe no programa tecnolóxico InnovaTE.

10 de febreiro de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.