Os Ingleses retornan á senda da vitoria tras o tropezo da semana pasada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Partido moi duro o disputado na tarde do domingo en Fontecarmoa. Mareantes un equipo veterano e forte pranto cara ao conxunto arousano que logrou sobrepoñerme ás importantes baixas cun partido moi serio en defensa.

Os Ingleses sacaba de cara un equipo moi novo con 8 xogadores júniors de inicio, o que sen dúbida é a mellor noticia xa que o equipo segue competindo un ano máis polo título cun equipo moi rexuvenecido que a bo seguro dará os seus froitos en anos vindeiros.

O partido comezou con gran dominio e bo xogo dos arousanos que durante 30 minutos logrou impoñer o seu ritmo e lograba adiantarse no marcador por medio de Tiago e Loso (12-0).

Outra lesión no primeiro tempo, nun home importante da liña de tres cuartos como é Miguel deixábaa máis minguada se cabe. Miguel sofre unha escordadura de nocello e será dúbida para o seguinte compromiso.

No final da primeira parte o equipo sentíase cómodo defendendo e pouco a pouco foi cedendo terreo aos do Lerez que a pesar diso non lograba romper a muralla inglesa e que se chegaba ao descanso co marcador 12-0.

Na segunda metade os arousanos saíron decididos a sentenciar o encontro e comezaron volvendo dominar o partido, H lograba ensaiar pero os puntos non subían ao marcador ao considerar o árbitro que o balón non pasara de 5 metros no saque de Touch.

Cando mellor estaban Os Ingleses, Mareantes sacou do banco aos veteranos Irago e Sancho que endureceron moito o xogo superando nalgúns momentos o deportivo. Os novos xogadores arosanos víronse entón superados por ese tipo de xogo e provocou a reacción Pontevedresa que lograba ter máis tempo a posesión e que se volvían achegar á marca inglesa.

Pero a defensa mostrouse extraordinaria e non fallou ningunha placaxe impedindo que Mareantes se estrease no marcador, conseguindo así deixalos a0 igual que xa fixeron no partido de ida.

Nos ingleses debutaban Richi e Cesar Moure que veñen a reforzar o equipo despois das lesións das últimas semanas. Pintos nos Ingleses por reiteración de golpes e Sancho de Mareantes foron expulsados temporalmente cando restaban menos de 10 minutos.

Os Ingleses sacudiuse a presión e logrou o ensaio por medio de Tiago despois dun gran Maul á saída dunha touch en medio campo que gañou máis de 30 metros. Jairo estrelou o balón no pau e o marcador final quedaba en 17-0.

Non se conseguiu o bonus ofensivo que tivese permitido aos Ingleses igualar na clasificación a Ferrol que a súa vez tampouco o conseguiu na súa visita ao PRC.

Segue Ferrol á cabeza e a un só punto dos Ingleses.

O próximo fin de semana non hai competición que se retomará o sábado 14 de febreiro en Vigo contra o Blusens Universidad de Vigo B no penúltimo partido da fase regular, previo ao enfrontamento da última xornada entre Ferrol e Os Ingleses.

ALIÑACIÓN:: 1. Morris (Cilin) 2. Sito 3.Diego (Richi) 4. Marcos (Chantre) 5. Hache (Xaime) 6. JJ (Prado) 7. Dorro (Cesar) 8. Tiago 9. Jairo 10. Loso 11. Sherman (Niyo)12.Biris 13. Pintos 14. Manolo 15. Miguel (Mikel)

David Lema que sofre unha rotura parcial do ligamento interno do seu xeonllo pasará finalmente por quirófano o próximo venres. Dende  o club esperan a súa pronta recuperación e que pronto este de volta connosco.

2 de febreiro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.