Os Ingleses R.C. xogarase a primeira praza da Liga Regular na última xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Vitoria crucial nas aspiracións dos arousanos que de perder xa non terían opcións de loitar pola primeira praza. E as cousas non pintaban demasiado ben, Biris non se recuperou do seu proceso gripal e Miguel xogou moi mermado fisicamente, unidas ás baixas de Cachopo, Bosníaco, Suso, Afasto e Inda deixaba a liña de tres cuartos moi tocada. Loso e Tiago que habitualmente xogan na dianteira cambiaron as súas posicións para formar cos tres cuartos.

Unha tarde desapracible con moita choiva e vento, pero sobre todo con frío, moito frío.

Aos 5 minutos de comezar o partido e saíndo desde a súa propia 22, Manolito finaliza unha gran xogada de todo o equipo e con moita velocidade consegue ensaiar baixo paus. O xoven xogador de 18 anos consegue así o seu primeiro ensaio co equipo senior adiantando a Os Ingleses. (0-7)

Os de Losada dominaban o partido e creaban boas superioridades, pero cometían moitos erros, os Vigueses con vento a favor non lograban saír do seu campo. Nunha das súas primeiras incursiones e tras ser parados con contundencia en varias ocasións pola defensa decidiron tirar a paus achegándose no marcador. Min. 15 (3-7)

O dominio dos Ingleses non se resentiu e logrou os seus froitos por medio de Jairo que conseguía ensaiar pegado ao banderín Min. 25 (3-12)

No 35, sería Morris o que seguiría ampliando a vantaxe (3-17). Os vigueses non se rendían e aproveitaron o vento a favor para transformar un Golpe de Castigo xusto ao bordo do descanso (6-17) que deixaba unha renda escasa para o visto sobre o terreo de xogo.

Tras un longo descanso que só valeu para que ambos conxuntos arrefriasen, o partido igualou en canto á posesión. Pero Os Ingleses seguían parecendo máis perigosos e as súas xogadas achegábanse máis ao ensaio. Sito pousaba o balón no minuto 53 e outorgaba o bonus ofensivo. (6-22)

Moitos cambios nos de Vilagarcia e Vigo empezou a dominar o xogo, pero como noutros partidos dos Vilagarciáns sentíanse cómodos con esa situación parando non sen dificultade unha e outra vez os ataques dos locais, que se quedaron ás portas do ensaio nun par de ocasións.

Varios contraataques dos vilagarciáns creaban moito perigo e no minuto 71 Pintos finalizaba unha desas contras sentenciando o encontro. (6-29) Xa non se xogaría máis ata o final do partido, xogadores e árbitro simplemente limitáronse a esperar a que transcorrese o tempo, as xogadas non tiñan intensidade, o frío maniataba a ambos conxuntos, nun partido que xa tiña todo decidido.

Triunfo vital dos arousanos, que esperan na última xornada ao líder en Vilagarcia, os Ferrolanos que non fallaron ante o Universidade Coosur Ourense virán a Vilagarcia cunha renda dun punto sobre os arousanos. Duelo no cume o que se vivirá este fin de semana en Fontecarmoa.

Os Ingleses que non encaixaron ensaios nos dous últimos partidos esperan poder facer valer a súa defensa ante un potente rival co mellor ataque da liga. Sen dúbida será o partido da xornada.

ALIÑACIÓN:::: 1.Sito (Diego), 2.Richi, 3.Morris (Cilin), 4.Hache, 5.Marcos, .Dorro, 7. J.J., 8.Chantre (Prado), 9. Jairo, 10.Loso, 11. Sherman (Sisas), 12.Pintos, 13. Tiago, 14. Manolito (Mikel) e 15. Miguel (Niyo)

Pola súa banda as categorías base non estiveron tan afortunadas esta xornada e encaixaron senllas derrotas. O equipo sub 18 que xogou como local contra o Bierzo encaixaba un contundente 5-46 e o equipo sub 16 que visitaba ao lider na Coruña caía contra o CRAT 41-17.

16 de febreiro de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.