Os Ingleses R.C. cae ante o Ferrol vítima dos seus erros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os Ingleses caeu ante o Ferrol nun partido que dominou por completo, só dous graves erros de pase, que foron interceptados polo defensor Pepe Calvo impediron que rematasen primeiros na liga regular.

O partido comezaba dominado polos Ingleses que desaproveitou varias ocasións claras de ensaio. Unha Touch e unha mele a 5 metros que finalizaron en Golpe de castigo, e a Marcos que se lle escapou un balón cando se estaba a lanzar sobre a liña de ensaio. Pintos errou tamén en dous lanzamentos a paus moi afastados.

Pepe Calvo interceptou un pase no centro do campo, nun grave erro arousano que permitiu o ensaio e a posterior transformación no minuto 22 (0-7)

O guión seguiu sendo o mesmo dominio local e unha gran defensa dos ferrolanos que impedían o ensaio chegando asía o descaso.

Nos primeiros compases da segunda parte os ferrolanos ampliaron a súa vantaxe grazas a un Golpe de Castigo transformado por Pepe Calvo min. 44 (0-10)

Pero Os Ingleses reaccionaron. Tiago lograba pousar o balón tras unha saída de mele pero o árbitro decretaba golpe de castigo contra os arousanos. O dominio era total pero Ferrol defendíase con moita eficiencia. Os puntos empezaron a chegar Pintos ensaiaría e posteriormente lograría un golpe de castigo que apertarían o marcador ata o (8-10). Min 56

Cando mellor estaban Os Ingleses, tras o saque de centro dos ferrolanos estes aproveitarían unha indecisión da defensa que crendo que o árbitro estaba outorgándolles a lei da vantaxe, así o estaba indicando, para ensaiar e volver afastarse no marcador. (8-17) Min 58

Pero lonxe de asustarse seguiuse remando e Pintos cun golpe de castigo poñería o partido a tiro de ensaio min.72 (11-17)

Os locais estaban, dominado, apenas sufrían en defensa pero volvían cometer un grave erro e Pepe Calvo volvía recibir un regalo por parte dos tres cuartos de Vilagarcía que sentenciaba o partido. Min. 75 (11-24)

Xa no último minuto Os Ingleses R.C. conseguiría o ensaio da honra por medio de Bosnio. Min. 80 (18-24)

ALIÑACIÓN: Sito, Richi, Diego, Hache, Marcos, Dorro, Chantre, Prado, Jairo, Loso, Pintos, Biris, Tiago, Miguel e Bosníaco. Tamén xogaron Cilindro, Morris, Niyo, Sherman, Mikel, Manolito e Escaves.

A pesar da derrota as sensacións foron moi boas e só erros moi puntuais impediron que Os Ingleses ocupasen a primeira praza da Liga regular.

Agora o equipo xa só pensa no partido da próxima semana, partido que ademais ten un valor dobre, xa que tras a reunión da Asemblea da FER desta semana se decidiu que os dous primeiros clasificados de rexional xoguen a fase de ascenso a División de Honra B. Por iso unha vitoria ante o Ourense ademais do acceso á final daría a posibilidade de xogar a fase de ascenso por segundo ano consecutivo.

As semifinais que se disputaran o fin de semana do 7-8 de marzo enfrontan a:

Ferrol R.C. – Muralla de Lugo
Os Ingleses R.C – Coosur Ourense

Pola súa banda Blusens Unviersidad de Vigo B descende a LGR 2 e o PRC xogase a promoción pola permanencia.

23 de febreiro de 2015 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.