Os Ingleses presentan a súa nova equipación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

O venres ás 19:00 horas presentarase en Vitaldent Vilagarcía, na Avd. Doutor Tourón, as novas equipaciones dos Ingleses R.C.
Para deportes como o rugby é moi complicado encontrar patrocinadores que nos axuden, Vitaldent leva moitos anos colaborando e agora dan un paso máis converténdose no principal patrocinador das camisetas do equipo sénior.

Partido en Fontecarmoa

Por outra banda, o domingo ás 12:30 horas disputarase en Fontecarmoa un dos mellores partidos de rugby da tempada, enfróntanse os dous primeiros clasificados aos que separan un só punto de diferenza. Ademais é o último partido da tempada regular polo que o gañador dispoñerá de factor campo nos Play OFF polo titulo.

Os Ferrolanos é un equipo enchido de grandes xogadores, varios deles con experiencia en División de Honra e División de Honra B, ademais de varios internacionais nas diferentes categorías da selección española. Os departamentais teñen o mellor ataque da liga e os números así o demostran sendo o equipo que máis ensaios logra por partido. Sen dúbida son os favoritos para gañar o campionato.

Os Ingleses, pola súa banda, comezaron a tempada con numerosas e importantes baixas con respecto ao equipo que a pasada tempada se paseou pola primeira división da liga Galega. Comezaron a tempada con moita xente nova e coa ilusión de ver ata onde podían chegar. Non foi unha tempada doada, moitas baixas, algunhas delas en posicións claves complicando moito algúns dos partidos, pero pouco a pouco o equipo foi encontrando o seu ritmo e dende a defensa, son o equipo que menos puntos encaixa, foron crecendo e chegaron a esta última xornada dependendo de si mesmos para ser primeiros.

Ademais os de David Losada recuperan parte do seu potencial en tres cuartos, Cachopo parece recuperado e é probable que dispute minutos o Domingo, Biris e Miguel recuperáronse dos seus procesos gripais e Bosníaco regresa dos seus estudos en Italia.

A clave pode estar en non perder balóns que permitan o contraataque dos ferrolanos, manter a boa defensa dos últimos partidos e manter a calma en ataque desgastando a dianteira rival.

David Losada: Estamos ante un partido moi importante para nós, pero non vital, o obxectivo é chegar á final e unha vez alí ver o que sucede. Somos conscientes do potencial do noso rival pero sabemos que se mantemos a concentración en defensa e intensidade en ataque lles podemos facer moito dano. Esperemos dar un bo espectaculo e que a xente que vexa o partido goce sexa cal sexa o resultado. “

PARTIDOS DA XORNADA

Sábado 21/02. 11:00 horas. Fontecarmoa

Os Ingleses R.C. Vs Ferrol R.C (Liga Galega Sub 16)

Domingo 22/02. 12:00 horas. Vigo

Blusens Universidad de Vigo Vs Os Ingleses R.C. (Liga Galega Sub 18)

Domingo 22/02. 12:30 horas Fontecarmoa

Os Ingleses R.C. Vs Ferrol R.C. (1ª División Liga Galega de Rugby)

19 de febreiro de 2015 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.