publicidade hoxe

Os escolares do colexio Jorge Juan visitan o traballo do servizo de limpeza de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+
Visita dos escolares

Visita dos escolares

Operarios do servizo municipal de limpeza desprazáronse esta mañá ao colexio Jorge Juan de Perlío cos seus equipos de traballo para mostrarlles aos nenos e nenas do centro o seu día a día. A actividade formaba parte do programa educativo do colexio, xa que os alumnos e alumnas están a estudar profesións vinculadas coa rúa. E, neste caso, viron en directo o traballo dos operarios municipais. No transcurso da demostración, o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, realizou unha visita ás instalacións en compañía dos concelleiros de Servizos Sociais, Juana Barro; Obras, Alejandro Dopico, e Servizos, Andrés Serantes, responsable este último da área na que se inscribe o servizo municipal de limpeza.

Alí, o equipo de traballadores desprazou as súas barredoras, os carros e, tamén, o camión de recollida do lixo. E, alí, uns 130 nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Infantil comprobaron o seu funcionamento.

4 de febreiro de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.