Os despachos de Balaídos pechan este sábado e reabren o luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Os despachos do estadio de Balaídos e a oficina de subscritores permanecerán pechados este sábado 21 de febreiro. Os subscritores de Preferencia, que dende este xoves están a proceder á recollida dos seus carnés actualizados da Bancada de Río, poden pasar polos despachos do estadio ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, para recoller os seus carnés, cos que poderán acceder ás súas novas butacas dende o encontro de Liga ante o Elche CF. O traslado dos subscritores realizarase segundo a orde e disposición existente na bancada de Preferencia, sempre tendo en conta as familias e penas que ata agora gozaban de butacas contiguas.

19 de febreiro de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.