publicidade hoxe

Os cativos de Oroso aprenden a elaborar máscaras e antefaces de entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Obradoiro de máscaras

Obradoiro de máscaras

Varios grupos de nenos e nenas de Oroso participaron esta semana nun obradoiro de elaboración de máscaras de Entroido organizado polo Concello de Oroso. Un taller que se impartiu no centro cultural de Sigüeiro, en horario de tarde e adaptándose ás necesidades das familias dos propios pequenos.

Cos coñecementos adquiridos, os rapaces e rapazas que participaron neste obradoiro aínda teñen tempo ata o próximo mércores 11 de xaneiro para participar no Concurso de Máscaras Oroso 2015 e optar a premios establecidos: dous vales de compra de 70 e 35 euros en Equipa-T. Os únicos requisitos é que as máscaras ou antefaces estean elaboradas cun derivado do papel ou con vendas de escaiola; así como que o seu tamaño estea adaptado ao dunha cara humana, cubrindo completamente o rostro e pudendo sobresaír adornos e accesorios, cuxos materiais son de libre elección.

Tanto estes pequenos, como todos os veciños que desexen participar, deberán presentar as súas máscaras e antefaces no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa antes do 11 de febreiro. Xunto á súa creación deberán achegar un sobre pechado cunha fotografía da máscara, que levará no seu dorso o nome da obra, o nome do artista e unha frase que explique a idea que inspirou a obra. Máis información e bases na páxina web do Concello de Oroso: www.concellooroso.com

6 de febreiro de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.