Os atletas da Ximnástica brillan en todas as superficies

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A pesar de que o atletismo se centrou estes días no nacional absoluto de pista cuberta, en Galicia e noutros puntos da xeografía nacional, celebráronse competicións atléticas, nas que os pontevedreses que non estiveron en Antequera, aproveitaron o seu bo momento de forma para facer bos rexistros.

Manuel Castellanos, busca unha praza para o nacional de lanzamentos longos e en León lanzou a xavelina ata os 53,45 metros.
En Ferrol, a Delegación de Ferrol, organizou un Control de marcas; o mellor foi o resultado de Antía Carrasco, a cal quedou segunda nos 500 metros, ao baixar do minuto e 40 segundos, con 1.39.01 Na localidade viguesa de San Miguel de Oia, celebrouse ao 38 edición do seu campo a través; Blanca Armenteros foi sétima na carreira infantil e Carolina Santos gañou a carreira alevín, coa súa compañeira Helena Suárez en sétimo lugar.

En Lugo celebrouse outra xornada máis do Trofeo Deputación de Lugo; David Ferrer con 7.30 impúxose nos 60 metros e no salto con pértega con 4,30; Alexandre Solla foi segundo no salto de lonxitude con 5,69; Emma Lorenzo Ramos fixo marca persoal no salto con pértega con 2,90; moi preto dos tres metros que pide a RFEA para acudir ao nacional xuvenil de pista cuberta e Paula Martín, gañou o salto de lonxitude con 5,02.

Por último A Coruña acolleu A Coruña 21; unha das carreiras de Medio Maratón máis prestixiosas do panorama autonómico; destacar a Eva Iglesias, que este inverno está a deixar un pouco de lado a súa proba, a marcha e que en Coruña correu a distancia de 1 h 29.14, quedando nunha magnífica quinta posición. Tamén mencionar a Fran Iglesias que entrou en meta o vixésimo con 1 h 12.54.

24 de febreiro de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.