Os atletas da Sociedade Ximnástica pelexan polas medallas na primeira xornada do nacional Promesa de pista cuberta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A primeira alegría da tarde foi a de Rocío Rodríguez, que pasou con nota as semifinais, ao gañar nun apertado sprint a súa serie clasificatoria dos 1.500 metros con 4.49.01. Verémola o domingo ás 12:30 coa mellor marca das finalistas. Manuel Molinos estivo moi preto das medallas no salto de altura, pero os intentos nulos acumulados ao longo da proba relegárona á cuarta posición con 2.07.

Alberto Guerreiro tivo unhas semifinais moi duras dos 800 metros, había que gañar a serie para garantir un posto na final, senón tocaba esperar a coñecer as tres mellores marcas do resto de atletas.Alberto demostrou el por que acudía coa mellor marca dos participantes e gañou a segunda semifinal con 1.54.26. O domingo á unha e media do mediodía verémolo na final. Aínda queda por participar Gonzalo Sánchez nos 60 metros, terá un camiño longo si quere chegar á final do domingo á unha menos dez.

14 de febreiro de 2015 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.