Os atletas da Sociedade Ximnástica logran 16 medallas no campionato galego xuvenil e júnior de pista cuberta
Moi bos os resultados cosechados pola Ximnástica no autonómico de pista cuberta, das categorías xuvenil e júnior, con 16 medallas e un claro ganador, Darío Costas que se levou 4 ouros, nas 4 probas nas que participou. O especialista de probas combinadas triunfou na categoría júnior nas especialidades de 50 metros, 50 metros valas, salto de altura e salto con pértiga; con grandes marcas xa que exceptuando o salto con pértiga no resto conseguiu a mínima para o nacional júnior.
Ángel Vargas e Fernando Rial; foron outros dos triunfadores do equipo pontevedrés, con dúas medallas de ouro cada un na categoría xuvenil, Ángel impúxose nos 50 metros e os 200 metros, con mínima para o nacional da categoría no dobre hectómetro e Fernando fixo o mesmo nos 800 metros e os 1.500 metros.
Tamén conseguiu dúas medallas Jorge Puig, que gañou os 1.500 metros júnior e foi terceiro nos 800 metros.
O resto de medallas foron para Alfonso Pérez nos 400 metros júnior, cun ouro; Jon Alonso, con bronce na pértiga júnior, Sergio Paredes, bronce no lanzamento de peso júnior; Verónica Echeverría, terceira nos 200 metros júnior; Andrea Pais, medalla de prata nos 200 metros xuvenil e Emma Lorenzo Ramos, bronce no salto con pértiga feminino con 2.72.
JUNIOR HOMES
1. Darío Costas 50 m.l. 6.03
1. Darío Costas 50 m.v. 7.01
1. Darío Costas Altura 1.96
1. Darío Costas Pértiga 3.27
1. Alfonso Pérez 400 m.l. 52.37
1. Jorge Puig 1.500 m.l. 4.08.92
3. Jorge Puig 800 m.l. 2.05.84
3. Jon Alonso Pértiga 2.42
3. Sergio Paredes Peso 12.30
JÚNIOR MULLERES
3. Verónica Echeverría 200 m.l. 30.24
XUVENIL HOMES
1. Ángel Vargas 50 m.l. 6.35 (en semifinais) 1. Ángel Vargas 200 m.l. 23.32 1. Fernando Ríal 800 m.l. 2.07.06 1. Fernando Rial 1.500 m.l. 4.21.90
XUVENIL MULLERES
2. Andrea Pais 200 m.l. 26.96
3. Emma L. Ramos Pértiga 2.72











