Os alumnos do obradoiro de emprego Carbosam finalizan os traballos no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os alumnos do Obradoiro de Emprego Carbosam 2014, finalizaron os seus traballos na vila do Carballiño, que se centraron principalmente en arranxo da entrada do cemiterio de Señorín, onde executaron obras de lousado e axardinamento.

En concreto a obra no cemiterio, moi demandada polos veciños da vila, consistiu en lousar toda a entrada, ofrecendo un paso moito máis cómodo para os visitantes ao camposanto, así como unha zona con escaleiras, para facilitar o acceso, tendo en conta a forte pendente existente nesa explanada de entrada.

Así mesmo procedeuse a executar obras de axardinamento nas beirarrúas de entrada, plantando os tradicionais cipreses dos cemiterios, a lárgoa do muro.

Por outro lado os alumnos deste obradoiro de emprego tamén realizaron a rehomologación do sendeiro que vai dende a Ponterriza ata O Carballiño.

Este Obradoiro Carbosam 2014 contou cun investimento de 250.000 euros, dos cales a achega do concello do Carballiño foi de 20.000 (neste estaban tamén os concellos de Boborás e San Amaro)

En total traballaron nesta iniciativa laboral 27 persoas, 7 no cadro directivo, docente e administrativo, e 20 alumnos, repartidos en módulos de albanelaría e xardinaría.

A edil de Traballo teresa Cerdeira sinalaba que “como todos os obradoiros, foi unha experiencia máis que positiva para os alumnos, que completaron en moitos casos a súa formación para afrontar un futuro laboral,” así mesmo recordou que contaremos cun novo obradoiro de emprego este ano, que permitirá ofrecer máis oportunidades aos nosos veciños no campo laboral”.

6 de febreiro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.