Os alcaldes deciden crear unha Mancomunidade dende cero para adaptarse á nova lei
Os alcaldes dos Concellos que forman o Consorcio As Mariñas reuníronse no mediodía de hoxe para tomar unha decisión sobre o procedemento a seguir para adaptarse á nova lei de administración local. Os rexedores consensuaron a creación dunha mancomunidade, dende cero, como fórmula para manter a forma de traballo do actual Consorcio e adaptándose así ao novo texto legal con total garantía.
O proceso consistirá agora en que cada Concello terá que aprobar en pleno o seu vontade de crear esta nova mancomunidade (a excepción dos Concellos que xa o fixeron o pasado decembro). Tamén deberán nomear en pleno o representante municipal para participar na xestora que é a que de forma efectiva creará a mancomunidade seguindo o preceptivo procedemento.
Mentres, o Consorcio As Mariñas se manterá como ata agora, cos presupostos prorrogados, ata a súa liquidación no momento que naza a mancomunidade. Estímase que a principios de outono poderá estar completado o proceso, procedendo á elección dos cargos ou formación de comisións da forma habitual.











