Os alcaldes da Laracha, Malpica e Cee entrevistaranse coa directora xeral de Sepes
José Manuel López Varela, Eduardo Parga e Zaira Rodríguez, alcaldes da Laracha e Malpica de Bergantiños e alcaldesa de Cee respectivamente, viaxarán mañá a Madrid para entrevistarse ás 12:00 horas con Lucía Molares, a Directora xeral da Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES), na sede central deste organismo.
O motivo da reunión será analizar a situación actual dos parques empresariais públicos que Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) urbanizou e xestiona nos tres concellos.
En anteriores xuntanzas de traballo de similares características alcanzáranse acordos para flexibilizar a adquisición de solo industrial por parte das empresas interesadas en instalarse nos Concellos da Laracha, Malpica de Bergantiños e Cee.