Orozco reuniuse coa veciñanza do rural en Poutomillos para coñecer as súas propostas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

José López Orozco, acompañado de concelleiros do Grupo Municipal Socialista, membros da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lugo e candidatos da lista electoral para as próximas eleccións municipais mantivo esta noite un encontro coa veciñanza do rural na Escola de Poutomillos. O Alcalde escoitou as propostas coas que veciños e veciñas consideran que pode mellorarse o municipio.

Con esta nova xuntanza, continúa o programa “O PSOE en pé de rúa: Lugolízate e decide como queres que sexa o teu barrio, parroquia e concello”, co que os socialistas lucenses queren atender as demandas veciñais do rural e dos barrios da cidade para poder incluílas no programa electoral co que concorrerán aos comicios municipais do vindeiro 24 de maio.

A participación cidadá é unha das bases do Proxecto de municipio no que traballa o PSdeG-PSOE de Lugo para deseñar un modelo de concello que faga fronte aos desafíos actuais e futuros da cidadanía.

O seguinte encontro de López Orozco cos veciños e veciñas lucenses será no Centro de Convivencia de Fingoi o vindeiro 4 de marzo ás 20:00 horas.

23 de febreiro de 2015 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.