Oral Group celebra San Valentín con bicos e regalos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Con motivo da celebración este sábado de San Valentín, as clínicas Oral Group Pazos Carbón poñen en marcha hoxe, venres, unha orixinal campaña dentro da súa iniciativa “Bicos Oral Group”.

Durante todo o día repartiranse polas rúas de Santiago gominolas en forma de boca anunciando o obsequio desta campaña: a entrega de produtos de hixiene dental aos que se acheguen a unha das clínicas do grupo na cidade: a do Cantón do Toural, en plena zona vella, ou a situada no número 20 de Santa Marta de Arriba.

Trátase de diversos produtos de hixiene dental que se entregarán aos que acudan a un dos centros Oral Group de Santiago só por achegarse e sen ningún tipo de compromiso. A promoción só é válida mañá ata as 20.30 h na clínica do Toural e ata as 16.00 h na de Santa Marta, ou ata esgotar existencias.

Oral Group Centros Dentales xa realizara anteriormente unha curiosa campaña coincidindo tamén con San Valentín que tivo grande éxito, na que repartiu unhas orixinais “caixiñas de bicos”, especialmente deseñadas para a ocasión, e recheas de bombóns en forma de corazón, baixo o lema “Hoxe merécelo”.

Nesta ocasión o grupo de clínicas dentais que dirixe o prestixioso odontólogo Pedro Pazos Carbón cambiou os bombóns por gominolas para recordar que un día como San Valentín ben merece unha doce e agradable sorpresa.

Oral Group en Santiago

Oral Group Centros Dentales conta nas súas dúas clínicas de Santiago cun amplo equipo de profesionais que abrangue todas as ramas da Odontoloxía, dende a Implantologia ata a Endodoncia, Ortodoncia, Periodoncia, Odontopediatría, etc. E para iso conta coa máis moderna tecnoloxía, dende radioloxía dixital ou microscopio ata unidades dentais de última xeración.

Ademais do Dr. Pedro Pazos Carbón, especializado en estética e implantes, o grupo conta con outros catro odontólogos, as doutoras. Elena Calaza, María Pazos Carbón e Lucía Fernández de Dios e o Dr. José Luis García-Alén, todos eles comprometidos coa atención integral do paciente.

12 de febreiro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.