Obradoiro Infantil de Xadrez na Biblioteca de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O vindeiro sábado, día 7 de febreiro, ás 11.00 horas da mañá, o Club de Xadrez Mos impartirá un Obradoiro Infantil de Xadrez gratuíto que se celebrará nas instalacións da Biblioteca Municipal de Mos, sita na Porteliña, parroquia de Petelos.

Este evento deportivo servirá tamén para presentar o novo material da Biblioteca, consistente en varios taboleiros e xogos de pezas, libros e un CD tutoriais, que estarán a disposición de tódolos socios e socias para que poidan xogar cando queiran, ó tratarse dun deporte que se practica en silencio, norma ineludible nestas instalacións.

5 de febreiro de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.